1. INICIO
  2. Libros
  3. ERA UNHA VEZ UN DOMINÓ (ESTUCHE LIBRO+100 FICHAS)
ERA UNHA VEZ UN DOMINÓ (ESTUCHE LIBRO+100 FICHAS)

ERA UNHA VEZ UN DOMINÓ (ESTUCHE LIBRO+100 FICHAS)

Ledicia Costas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Imaxinas un dominó que sirva para inventar historias? Convértete nun contador de contos profesional conectando ideas. O obxectivo é crear relatos únicos que fagan rir e sorprendan, explorando todas as posibilidades que ofrecen as fichas para inventar aventuras inesquecibles. Espreme os miolos

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
TRIQUETA VERDE S L
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3875-0134-1
EAN
9791387501341
Formato
TAPA DURA
Avatar

Ledicia Costas

Ver autor

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao. 

É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas. Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”. 

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Ledicia Costas

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego