1. INICIO
  2. > Libros
  3. > AMÓLATE, MALVADA DA!
AMÓLATE, MALVADA DA!

AMÓLATE, MALVADA DA!

Fina Casalderrey
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Ola! Chámome Artur coma un cabaleiro moi famoso que era superforte.
Teño máis ou menos a túa idade. Sei ler e escribir.
De cando en vez pónseme a pel vermella e pícame a rabiar.
A maldita Dermatite Atópica, a DA, é a culpable e eu estou desexando revelarche o meu segredo: Xa sei vencela!
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Hércules
Data publicación
2026-10-27
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3879-8720-6
EAN
9791387987206
Avatar

Fina Casalderrey

Ver autora
Fina Casalderrey naceu en 1951 en Santo André de Xeve, Pontevedra. A súa infancia nun ambiente rural e as historias que lle contaba o seu pai influíron na súa imaxinación e na súa futura carreira literaria. O galego, a súa lingua materna, foi fundamental na súa vida e obra, marcada tamén pola experiencia da diglosia e pola defensa da lingua e da cultura galegas. Formouse como mestra e exerceu a docencia durante corenta anos. A súa experiencia educativa foi decisiva para achegarse á literatura infantil e xuvenil (LIX). Comezou adaptando contos populares ao teatro e creando pezas para representar co seu alumnado, actividade que mantivo ao longo da súa carreira. Ademais, desenvolveu proxectos de investigación etnográfica sobre tradicións, lendas, xogos e cantigas populares galegas. En 1991 iniciou a súa traxectoria editorial coa novela xuvenil “Mutacións xenéticas”. Desde entón publicou máis de sesenta títulos, principalmente dirixidos ao público infantil e xuvenil, así como numerosas colaboracións colectivas. As súas obras, escritas orixinalmente en galego, foron traducidas a múltiples linguas, contribuíndo á difusión da literatura galega. En 1996 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “O misterio dos fillos de Lúa”. A súa traxectoria consolidouna como unha figura destacada da LIX galega. En 2013 ingresou na Real Academia Galega, recoñecendo a súa importante contribución á literatura, á educación e á cultura galegas.
Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Fina Casalderrey

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego