1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ALÉN E O DRAGÓN
ALÉN E O DRAGÓN

ALÉN E O DRAGÓN

OLAIA SENDÓN
0 veces listado

Alén nunca imaxinou que a súa vida en Sardiruña agochase nada extraordinario. Pero todo cambia cando un dragón comeza a aparecer nos seus soños e esperta preguntas ás que nin a súa nai, Emma, nin o seu irmán Xoel parecen poder responder. Só Mamamucha, unha enigmática anciá, semella saber máis do que…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
ANTELA EDITORIAL
Data publicación
2026-04-07
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3880-8907-7
EAN
9791388089077
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

A miña última lectura infantil foi Alén e o dragón de Olaia Sendón, con ilustracións de Víctor Rivas e editado por Antela Editorial. Esta obra foi a novela infantil gañadora do II Certame Jaime Olmedo Limeses e esta copia achegouma a editorial estes días. Debo dicir que a edición en si en pasta dura e con numerosísimas ilustracións non pode ser máis bonita. É deses libros que entran polos ollos, algo moi importante sempre pero, especialmente, no caso do público infantil. Nesta novela Alén vive unha vida completamente normal coa súa nai e a súa cadela Miley ata que empeza a notar certos cambios e animado pola súa amiga Emma decide investigar no lugar onde cre que pode radicar a orixe do misterio, Leiraslongas, a aldea da súa bisavoa. Buscan a forma de fugarse á aldea en bus e comezar a investigar. Alí atopan a unha vella absolutamente nada común, teimuda forte e vellísima pero que conserva un segredo secular que terá que contarlle a Alén. Aprende a razón pola que súa nai perdeu o contacto con esta avoa que a criou e descobre a existencia dos dragóns e o seu enlace con mundo ordinario. Mentres tanto Emma tamén descobre o seu poder sobre as pitas, seres pouco comúns tamén. Nesta novela descubrimos animais do máis peculiares, acción e a importancia de coñecer o propio pasado aínda que, a diferenza de Alén e da avoa, os demais carezamos de superpoderes. Unha novela que cos seus personaxes interesantes, unha acción fóra do común e con eses dragóns rompe cos temas máis habituais noutras novelas infantís e seguro que gustará a nenas e nenos lectores a partir de 9 anos e ata uns 12.

Outros libros de OLAIA SENDÓN

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego