1. INICIO
  2. > Libros
  3. > MONTE ABERTO
MONTE ABERTO

MONTE ABERTO

Carlos Amado
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
CHAN DA PÓLVORA
Data publicación
2026-04-18
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3991-1706-6
EAN
9791399117066
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Monte aberto é a última obra de Carlos Amado publicado recentemente por Chan da Pólvora. Neste poemario propónsenos unha viaxe a un espazo natural no que se toma conciencia do corpo e no que existe nunha harmonía que se move entre o persoal e o colectivo. Atopamos unha busca de equilibrio entre o elemento natural (o monte, as árbores, a vexetación e a luz), o corpo, a palabra e o amor: A palabra conforma o meu corpo e a natureza respira comigo. No bosque hai lugar para o descubrimento: expóñense os corpos e habitan a luz e a cor. Nese espazo natural hai camiños transformantes pois comunican e é aí, nesa interacción onde nace a poesía: A palabra agroma na beleza en si ─non precisa explicacións e a poesía crea vida no contacto. O poema xorde nesa interacción do monte, o humano e a palabra. As lecturas anteriores tamén teñen o seu peso á hora de construírnos e conformar o poema: Nesas lecturas destáncase Celan e Novoneyra. O bosque é o lugar da descuberta. Nel podemos entrar, atoparnos, camiñar e crear poesía. Tal como nos di o poema que dá título a este poemario: MONTE ABERTO O amor debe entrar no monte ata o lugar máis remoto da palabra. Esta proposta poética revélanos a importancia de descubrirnos, de atopar o noso lugar, algo que se fará na interacción cos demais, no colectivo. Aí poderá xurdir a palabra, o poema. Gustáronme especialmente as imaxes naturais e a forza coa que o bosque entra nestes poemas.

Outros libros de Carlos Amado

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego