Que pasaría se tódalas persoas tivésemos a subsistencia garantida? Como mudarían as nosas vidas? Despois da publicación da novela Xarfas no ano 2018, Alex Pernas (A Coruña, 1986) escribe no xornal dixital adiante.gal esta serie de relatos construídos arredor dun mundo onde chegou a establecerse a…
Alex Pernas, nado na Coruña no ano 1986, desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software.
No mundo literario publicou a novela "Xarfas" (2018), o libro de relatos "A Paga" (2022) (publicado anteriormente coma folletín no xornal dixital adiante.gal entre os anos 2018 e 2021), o libro de relatos "De entre as tebras" (2023), e maila novela curta "Paspartue" (2024).
No ámbito musical estivo en varias formacións, sendo as principais "TST" (heavy metal), coa que publicou unha maqueta no ano 2008; "Ad Intra" (doom/death metal), coa que publicou o sinxelo "We Aren't Ready to Take Off" (2011) e mailo LP "Inside Us All" (2013); "Os Relámpagos de Nós" (rock); e "Oymyakon" (groove/death metal), coa que se atopa na actualidade.
Tamén colaborou con diversas asociacións e xentes do ámbito do activismo.
e descubre todas as novidades do libro en galego