1. INICIO
  2. Autores
  3. ANISIA MIRANDA
Avatar de ANISIA MIRANDA

ANISIA MIRANDA

Ciego de Ávila (Cuba) , 1932
11 títulos
0 seguidores

Anisia Miranda Fernández, nada en Ciego de Ávila (Cuba) o 30 de decembro de 1932 e finada en Gres, Vila de Cruces, o 22 de outubro de 2009, foi unha escritora cubano-galega en lingua galega e lingua castelá, filla adoptiva do Concello de Vila de Cruces.

Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo. Anisia e Pepe Neira nos xardíns da Facultade de Agronomía de Buenos Aires.

Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.

En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita.

En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Libros de ANISIA MIRANDA

Mitos e lendas da vella Grecia
Mitos e lendas da vella Grecia
Cantarolas
Cantarolas
(g).a primeira aventura/narrativa para nenos
(g).a primeira aventura/narrativa para nenos
A volta do compay grilo
A volta do compay grilo
A cama, a bolboreta e o paxariño
A cama, a bolboreta e o paxariño
(g).32.escritos cristians sobre problemas personaxes e confl
(g).32.escritos cristians sobre problemas personaxes e confl
A cama a bolboreta e o paxariño
A cama a bolboreta e o paxariño
A RA QUE PERDEU O CHARCO
A RA QUE PERDEU O CHARCO
Un ben-- con outro ben
Un ben-- con outro ben
Qué lle pasou a Coelliño?
Qué lle pasou a Coelliño?
no corazón dos nenos
no corazón dos nenos

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego