1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ LUÍS BLANCO CAMPAÑA
Avatar de XOSÉ LUÍS BLANCO CAMPAÑA

XOSÉ LUÍS BLANCO CAMPAÑA

Camariñas , 1948
4 títulos
0 seguidores

Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.

Estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro da revista Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985, director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia. Tivo unha sección diaria en El Correo Gallego. Foi membro da SGAE e é cabaleiro da Enxebre Orde da Vieira.

É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou Petapouco e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.

Libros de XOSÉ LUÍS BLANCO CAMPAÑA

Manuel Fraga Iribarne. Galego Universal
Manuel Fraga Iribarne. Galego Universal
MANUEL MUÑOZ
MANUEL MUÑOZ
Camariñas
Camariñas
Introdución á canción galega
Introdución á canción galega

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego