Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.
Estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro da revista Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985, director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia. Tivo unha sección diaria en El Correo Gallego. Foi membro da SGAE e é cabaleiro da Enxebre Orde da Vieira.
É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou Petapouco e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.
e descubre todas as novidades do libro en galego