1. INICIO
  2. Autores
  3. DAVID PINTOR
Avatar de DAVID PINTOR

DAVID PINTOR

A Coruña , 1975
10 títulos
0 seguidores

David Pintor, nado na Coruña o 11 de maio de 1975, é un ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor galego.

Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista, pintor, artista polifacético e multipremiado galego. Colabora para editoriais e clientes de todo o mundo.

En 1992, comeza a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, converténdose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa. As súas tiras cómicas saen en diversos medios de comunicación, como Diario 16, La Voz de Baleares, Diario de León e La Voz de Galicia.

A partir do ano 2000 empeza a internarse no campo da ilustración infantil, onde recolle numerosos premios. Porén, non para aí a súa carreira senón que co tempo, empeza a colaborar en múltiples ámbitos relacionados co deseño, a moda ou a publicidade, buscando sempre as múltiples posibilidades que ofrece a profesión de ilustrador.

A partir de 2019 comeza a súa traxectoria como autor de literatura infantil e, no 2021,a revista Babar, especializada en literatura infantil, seleccionou a súa obra "El árbol secreto" como un dos mellores libros do ano, que tamén se publicou en Portugal.

En 2022, a película "Valentina", na que participa como deseñador de personaxes, gañouo premio Goya á mellor longametraxe animada.

Libros de DAVID PINTOR

Tortuga vs. Lebre. O desquite
Tortuga vs. Lebre. O desquite
A Coruña
A Coruña
(Non) A todas as nenas lles gusta o rosa
(Non) A todas as nenas lles gusta o rosa
(GAL) O CREBANOCES
(GAL) O CREBANOCES
A MIÑA ÁRBORE SECRETA
A MIÑA ÁRBORE SECRETA
Os oficios de chuquelo (os duros)
Os oficios de chuquelo (os duros)
Os xogos olimpicos de ningures
Os xogos olimpicos de ningures
Contos para nenos que dormen deseguida
Contos para nenos que dormen deseguida
Almanaque musical (glg)
Almanaque musical (glg)
Dez por dous
Dez por dous

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego