O vento esperta moi cedo e vai ao traballo.O vento ten por diante unha dura xornada laboral...A primeira montaña que houbo no mundo era unha montaña moi ambiciosa.A primeira montaña que houbo no mundo quería ser aínda máis alta do que era.Púxose a crecer, a crecer...... Os contos para antes de
Carlos López (Boimorto-A Coruña, 1967) é escritor e xornalista.
Recibiu numerosos premios como integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto. Entre os galardóns máis destacados como autor de literatura infantil están o Premio Merlín 2007, The White Ravens 2011 e 2014, Lista de Honor de Clij 2014, Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017, Premio Raíña Lupa, Premio Xosé Neira Vilas e Fervenzas Literarias 2010. En Xerais publicou «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Cámbiache o conto!» (2016), «Bichería» (2020) e «Mediometrópole e os superheroes» (2023).
e descubre todas as novidades do libro en galego