1. INICIO
  2. Autores
  3. MARC TAEGER
Avatar de MARC TAEGER

MARC TAEGER

Berna , 1963
5 títulos
0 seguidores

Marc Taeger (Marc Taeger Eggimann), nado en Berna (Suíza) en 1963, é un pintor, escultor e ilustrador residente na Galiza.

Marc Taeger, nado en Suíza pasou a infancia entre Italia, Portugal, Alemaña e Suíza, viviu dous anos en Düsseldorf e vinte en Barcelona para fixar a súa residencia en Bueu. Estudou deseño gráfico e ilustracións en Barcelona e na Escola Superior de Comunicación Visual de Tréveris (Alemaña). Traballa como ilustrador e deseñador, con especialidade en animación, pintura, mural, escultura e arte gráfica. Ten publicado en revistas e suplementos de prensa.

A súa obra expúxose por todo o mundo: Luxemburgo, Alemaña, China, España, Francia e Costa Rica.

Libros de MARC TAEGER

O elefante que perdeu o seu ollo
O elefante que perdeu o seu ollo
A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA (B.A.T.A)
A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA (B.A.T.A)
ARTUR
ARTUR
UN MÁIS
UN MÁIS
Artur
Artur

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego