O pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo. Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno... Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero estaba moi apretado. Xa non cabía naquel cálido cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí. Descubriu entón que
Oli ou Xosé Manuel González Barreiro, que veñen sendo o mesmo (Cangas do Morrazo, 1961) é mestre.
Tradutor e especialista en literatura infantil, foi creador da colección "O parrulo" de Ir Indo edicións, e actualmente dirixe a colección "Demademora", da editorial Kalandraka. Publicou, entre outros, os seguintes títulos: "Este é o medo" (1979), "Iria e a lúa" (Xerais, 1997), "O pirata pata de lata" (1998), "Aníbal quere encoller" (Xerais, 2001), "Leocadio e o león" (Xerais, 2009) e "O rato avó e o muraño" (Xerais, 2015).
e descubre todas as novidades do libro en galego