A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo en busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está polo labor de combater. Chegan novas de que “O pirata pata de lata” deixa o seu retiro e volve á carga con enerxías
Oli ou Xosé Manuel González Barreiro, que veñen sendo o mesmo (Cangas do Morrazo, 1961) é mestre.
Tradutor e especialista en literatura infantil, foi creador da colección "O parrulo" de Ir Indo edicións, e actualmente dirixe a colección "Demademora", da editorial Kalandraka. Publicou, entre outros, os seguintes títulos: "Este é o medo" (1979), "Iria e a lúa" (Xerais, 1997), "O pirata pata de lata" (1998), "Aníbal quere encoller" (Xerais, 2001), "Leocadio e o león" (Xerais, 2009) e "O rato avó e o muraño" (Xerais, 2015).
e descubre todas as novidades do libro en galego