Carlos Labraña é un dramaturgo especializado no teatro para a infancia. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa
traxectoria podemos salientar: O valo, que trata o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Premio Follas Novas, 2017), comedia ácida sobre a crise económica; O Apalpador, que conta a historia do personaxe central do Nadal galego; Contra o reloxo (Premio Martín Sarmiento, 2023), peza que trata do tempo e da perda; Estrela... Fugaz?, sobre a identidade de xénero; Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), un texto para a recuperación da memoria histórica democrática e Ícaras, que incide sobre o problema actual da vivenda. En 2025 publicou a súa primeira novela: A Biblioteca Galáctica contra a IA fantástica, escrita para celebrar o 75 aniversario de Editorial Galaxia.
e descubre todas as novidades do libro en galego