1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ICEBERG
ICEBERG

ICEBERG

Carlos Labraña
1 veces listado

No Polo Norte escasea a comida, polo que Osa Nai ten que ir lonxe para atopala, así que deixa a súa cría ao coidado dun humano amigo, Inuk. Pero o bloque de xeo onde está o iglú de Inuk é tan fino que acaba por escachar e navegan á deriva. No iceberg, Osiño e Inuk vivirán moitas aventuras e…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2026-01-15
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6554-1
EAN
9788411765541
Avatar

Carlos Labraña

Ver autor
Carlos Labraña é un dramaturgo especializado no teatro para a infancia. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria podemos salientar: O valo, que trata o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Premio Follas Novas, 2017), comedia ácida sobre a crise económica; O Apalpador, que conta a historia do personaxe central do Nadal galego; Contra o reloxo (Premio Martín Sarmiento, 2023), peza que trata do tempo e da perda; Estrela... Fugaz?, sobre a identidade de xénero; Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), un texto para a recuperación da memoria histórica democrática e Ícaras, que incide sobre o problema actual da vivenda. En 2025 publicou a súa primeira novela: A Biblioteca Galáctica contra a IA fantástica, escrita para celebrar o 75 aniversario de Editorial Galaxia.
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
MGF
5

Nun tempo no que non podemos deixar de preocuparnos pola emerxencia climática, a solidariedade e a amizade constitúen a base para afrontar unha aventura na que o humor e a tenrura están moi presentes.

Outros libros de Carlos Labraña

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego