1. INICIO
  2. Autores
  3. MARCOS VALCÁRCEL
Avatar de MARCOS VALCÁRCEL

MARCOS VALCÁRCEL

Ourense , 1958
8 títulos
0 seguidores

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Nado nunha familia de xoieiros da cidade de Ourense, licenciouse en historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutoraría. Especializouse en historia contemporánea de Galicia, e en particular no período que comprende os primeiros anos do século XX e a formación do galeguismo. Xornalista en Ourense, pertenceu a distintas asociacións culturais e reivindicativas na cidade, entre as que destaca o Clube Cultural Alexandre Bóveda, do que foi fundador e presidente. Laboralmente deu clase de historia en bacharelato en distintos centros de ensino da cidade ourensá.

Nos seus libros de historia dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo, pero tamén de Eladio Rodríguez González ou Xesús Ferro Couselo. Politicamente, foi militante de Unidade Galega.

En 2006 engadiu ao seu labor xornalístico o blog As uvas na solaina, do que foi promotor e un dos autores principais, a canda Afonso Vázquez-Monxardín ou Xosé Ramón Quintana. A finais de 2008 e coincidindo coa presentación dun libro sobre historia da súa cidade, recibiu unha homenaxe pública no Liceo da capital auriense onde acudiron máis de 300 persoas do tecido cultural ourensán e galego.

Libros de MARCOS VALCÁRCEL

Xoaquín Lorenzo
Xoaquín Lorenzo
Roberto Blanco Torres (1891-1936)
Roberto Blanco Torres (1891-1936)
Eladio Rodríguez (1864-1949)
Eladio Rodríguez (1864-1949)
Historia de Ourense
Historia de Ourense
HOMENAXE A UNHA AMIZADE
HOMENAXE A UNHA AMIZADE
Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía
Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía
Eladio Rodríguez. Vida e obra
Eladio Rodríguez. Vida e obra
Xoaquín Lorenzo. Vida e obra
Xoaquín Lorenzo. Vida e obra

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego