1. INICIO
  2. Libros
  3. ELADIO RODRÍGUEZ. VIDA E OBRA
ELADIO RODRÍGUEZ. VIDA E OBRA

ELADIO RODRÍGUEZ. VIDA E OBRA

Marcos Valcárcel
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Na celebración do Día das Letras Galegas do primeiro ano do novo milenio, a Real Academia Galega honra a personalidade de don Eladio Rodríguez González, un galego do Ribeiro ourensán, poeta comprometido coa enxebreza da terra e autor dos poemarios Folerpas (1894), Raza e Terra (1922) e Oraciós

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4830-2620-5
EAN
9788483026205
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Marcos Valcárcel

Ver autor

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Nado nunha familia de xoieiros da cidade de Ourense, licenciouse en historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutoraría. Especializouse en historia contemporánea de Galicia, e en particular no período que comprende os primeiros anos do século XX e a formación do galeguismo. Xornalista en Ourense, pertenceu a distintas asociacións culturais e reivindicativas na cidade, entre as que destaca o Clube Cultural Alexandre Bóveda, do que foi fundador e presidente. Laboralmente deu clase de historia en bacharelato en distintos centros de ensino da cidade ourensá.

Nos seus libros de historia dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo, pero tamén de Eladio Rodríguez González ou Xesús Ferro Couselo. Politicamente, foi militante de Unidade Galega.

En 2006 engadiu ao seu labor xornalístico o blog As uvas na solaina, do que foi promotor e un dos autores principais, a canda Afonso Vázquez-Monxardín ou Xosé Ramón Quintana. A finais de 2008 e coincidindo coa presentación dun libro sobre historia da súa cidade, recibiu unha homenaxe pública no Liceo da capital auriense onde acudiron máis de 300 persoas do tecido cultural ourensán e galego.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Marcos Valcárcel

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego