1. INICIO
  2. Autores
  3. CLAUDIO RODRÍGUEZ FER
Avatar de CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

Lugo , 1956
16 títulos
0 seguidores

Claudio Rodríguez Fernández, coñecido como Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais.

É membro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística, área de Literatura Española, e exerce como docente na Facultade de Humanidades de Lugo. Foi nomeado director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, onde custodia o arquivo e a biblioteca persoais doados polo autor ourensá, e codirixe a revista de investigación Moenia. Foi profesor das Universidades da Cidade de Nova York, de París-Est Marne-La Vallée, da Alta Bretaña en Rennes e da Bretaña Sur en Lorient.

Deuse a coñecer cos pioneiros poemarios eróticos, enmarcados na natureza e nas cidades de Galicia, Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981), Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988), libros reunidos en Vulva (1990) e antologados en A muller núa (1992), catro deles ilustrados por Carmen Blanco García. A eles seguiron outros máis nómades, a miúdo escritos fóra de Galicia, mais igualmente caracterizados por un vitalismo erótico radicalmente libertario e pola súa conexión co concepto surrealista do amour fou, así como por ser ilustrados por Sara Lamas: Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este cunha ampla introdución de Olga Novo.

A súa temperá conexión co cine orixinou Cinepoemas (1983, ampliado en 2016 con edición gráfica de Cristina Fiaño), e a súa paixón pola música motivou A muller sinfonía (Cancioneiro vital) (2018). Tamén realizou e publicou mostras de poesía visual, como Criptografías (2018, con prefacio de Antonio Gamoneda, labor reunido na exposición antolóxica na Fundación Granell Corpoética (2018)[11], cuxo catálogo se publicou con textos de Lily Litvak, Olga Novo, Manuel Fernández Rodríguez e Antonio Gamoneda e deseño de Cristina Fiaño. No Centro de Arte Moderna de Madrid expuxo Corpoética infinita (2019). Con obras do multiartista Eugenio Granell realizou o libro de artista Rastros de vida e poesía (2000) e Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015).

Libros de CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

Comentarios de textos contemporáneos
Comentarios de textos contemporáneos
Poesía galega: Crítica e metodoloxía
Poesía galega: Crítica e metodoloxía
A literatura galega durante a Guerra Civil (1936-1939)
A literatura galega durante a Guerra Civil (1936-1939)
Comentarios de textos populares e de masas
Comentarios de textos populares e de masas
Roberto Blanco Torres (1891-1936)
Roberto Blanco Torres (1891-1936)
A loita continúa
A loita continúa
Ámote vermella
Ámote vermella
Antonio Machado e Galicia
Antonio Machado e Galicia
Acometida atlántica
Acometida atlántica
A Galicia misteriosa de Anxel Fole
A Galicia misteriosa de Anxel Fole
Extrema Europa
Extrema Europa
A Cabeleira
A Cabeleira
cinepoemas
cinepoemas
A MULLER SINFONÍA
A MULLER SINFONÍA
Deathless loves:amores sen morte
Deathless loves:amores sen morte
A boca violeta
A boca violeta

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego