1. INICIO
  2. Libros
  3. POESÍA GALEGA: CRÍTICA E METODOLOXÍA
POESÍA GALEGA: CRÍTICA E METODOLOXÍA

POESÍA GALEGA: CRÍTICA E METODOLOXÍA

Claudio Rodríguez Fer
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Poesía galega expón críticamente principios teóricos e metodolóxicos da análise literaria aplicados a autores tan fundamentais na cultura galega como Rosalía, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Carballo Calero, Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Novoneyra, Manuel María,

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4750-7399-6
EAN
9788475073996
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Claudio Rodríguez Fer

Ver autor

Claudio Rodríguez Fernández, coñecido como Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais.

É membro do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística, área de Literatura Española, e exerce como docente na Facultade de Humanidades de Lugo. Foi nomeado director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, onde custodia o arquivo e a biblioteca persoais doados polo autor ourensá, e codirixe a revista de investigación Moenia. Foi profesor das Universidades da Cidade de Nova York, de París-Est Marne-La Vallée, da Alta Bretaña en Rennes e da Bretaña Sur en Lorient.

Deuse a coñecer cos pioneiros poemarios eróticos, enmarcados na natureza e nas cidades de Galicia, Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981), Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988), libros reunidos en Vulva (1990) e antologados en A muller núa (1992), catro deles ilustrados por Carmen Blanco García. A eles seguiron outros máis nómades, a miúdo escritos fóra de Galicia, mais igualmente caracterizados por un vitalismo erótico radicalmente libertario e pola súa conexión co concepto surrealista do amour fou, así como por ser ilustrados por Sara Lamas: Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este cunha ampla introdución de Olga Novo.

A súa temperá conexión co cine orixinou Cinepoemas (1983, ampliado en 2016 con edición gráfica de Cristina Fiaño), e a súa paixón pola música motivou A muller sinfonía (Cancioneiro vital) (2018). Tamén realizou e publicou mostras de poesía visual, como Criptografías (2018, con prefacio de Antonio Gamoneda, labor reunido na exposición antolóxica na Fundación Granell Corpoética (2018)[11], cuxo catálogo se publicou con textos de Lily Litvak, Olga Novo, Manuel Fernández Rodríguez e Antonio Gamoneda e deseño de Cristina Fiaño. No Centro de Arte Moderna de Madrid expuxo Corpoética infinita (2019). Con obras do multiartista Eugenio Granell realizou o libro de artista Rastros de vida e poesía (2000) e Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015).

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Claudio Rodríguez Fer

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego