1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ RAMÓN MARIÑO FERRO
Avatar de XOSÉ RAMÓN MARIÑO FERRO

XOSÉ RAMÓN MARIÑO FERRO

O Pino , 1950
10 títulos
0 seguidores

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Realizou traballos de campo en Bolivia e en Galicia. 

Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.

Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.

Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.

Libros de XOSÉ RAMÓN MARIÑO FERRO

Romanceiro en lingua galega
Romanceiro en lingua galega
Antropoloxía de Galicia
Antropoloxía de Galicia
AUTOBIOGRAFíA DUN LABREGO
AUTOBIOGRAFíA DUN LABREGO
O entroido ou os praceres da carne
O entroido ou os praceres da carne
A filla do rei
A filla do rei
Unha vella tiña un can
Unha vella tiña un can
O sexo na poesía popular
O sexo na poesía popular
Brancaflor
Brancaflor
Iria e o cabalo Buligán
Iria e o cabalo Buligán
Os dous xemelgos, o dragón e o pazo encantado
Os dous xemelgos, o dragón e o pazo encantado

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego