Nun país de lonxe, hai moito tempo, vivía un rei que tiña unha filla. o rei quedara viúvo e desexaba casala pronto. Pero a princesiña protestaba...
Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Realizou traballos de campo en Bolivia e en Galicia.
Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.
Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.
Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.
e descubre todas as novidades do libro en galego