1. INICIO
  2. Libros
  3. A FILLA DO REI
A FILLA DO REI

A FILLA DO REI

Xosé Ramón Mariño Ferro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A filla do rei vivía nun pazo de vidro, ouro e prata. Era unha princesiña tan fermosa que a coñecían en todo o mundo. E coa súa sabedoría deixaba asombradas aos homes e mulleres máis sabios do reino...

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS DO CUMIO
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-9108-8
EAN
9788482891088
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Xosé Ramón Mariño Ferro

Ver autor

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Realizou traballos de campo en Bolivia e en Galicia. 

Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.

Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.

Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Ramón Mariño Ferro

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego