Rita Doallo naceu en Ourense en 1987 un día de moita calor. Esta educadora, traballadora social e responsable dunha casa niño, escribe literatura infantil dende que colleu o primeiro lápis. Faino para entender mellor o mundo e lanzar unha semente de ilusión a
quen a queira ler. A fantasía e imaxinación dos seus textos rozan por veces o surrealismo, constante na súa obra e tamén na súa vida. Publicou os álbums ilustrados Bigote de tres pelos e Que enleada coa piada, onde a risa e a comunicación son elementos esenciais. Agora regresa con Astralistoria, a súa primeira obra de narrativa, premiada no IV Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer. Unha aventura máxica que loita contra a soidade non desexada e a desmemoria.
e descubre todas as novidades do libro en galego