1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ASTRALISTORIA
ASTRALISTORIA

ASTRALISTORIA

Rita Doallo
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Noela e Xoán descobren a Astralistoria, un artefacto tan fascinante como estraño que fabrica fantasía e compañía tras alimentarse dun recordo. Comezarán unha viaxe chea de intriga, guiados por unha pulseira enigmática, un rato que agocha un segredo e a señora Iris, unha anciá solitaria que semella…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Hércules
Data publicación
2026-05-18
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3879-8726-8
EAN
9791387987268
Avatar

Rita Doallo

Ver autor
Rita Doallo naceu en Ourense en 1987 un día de moita calor. Esta educadora, traballadora social e responsable dunha casa niño, escribe literatura infantil dende que colleu o primeiro lápis. Faino para entender mellor o mundo e lanzar unha semente de ilusión a quen a queira ler. A fantasía e imaxinación dos seus textos rozan por veces o surrealismo, constante na súa obra e tamén na súa vida. Publicou os álbums ilustrados Bigote de tres pelos e Que enleada coa piada, onde a risa e a comunicación son elementos esenciais. Agora regresa con Astralistoria, a súa primeira obra de narrativa, premiada no IV Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer. Unha aventura máxica que loita contra a soidade non desexada e a desmemoria.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Rita Doallo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego