1. INICIO
  2. > Autores
  3. > GUSTAVO PERNAS CORA
Avatar de GUSTAVO PERNAS CORA

GUSTAVO PERNAS CORA

A Coruña , 1959
3 títulos
0 seguidores

Gustavo Pernas Cora, nado en Viveiro o 26 de novembro de 1959 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2018, foi un dramaturgo, actor e director teatral galego.

Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, onde realizou diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en Madrid.

Desde 1985 dedicouse profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Actor e director de dobraxe. Desde 1997 impartiu aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, foi Profesor de Dramaturxia e Arte Actual da Universidade da Coruña en Pedagoxía Teatral. En 1989 fundou con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Uruguai ou Portugal.

Libros de GUSTAVO PERNAS CORA

Comedias paranoicas
Comedias paranoicas
Isóbaras
Isóbaras
TRES LOGOMONOS
TRES LOGOMONOS

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego