COLGADOS"Non che digo que o seu era o de colgarse? "A las cinco de latarde subía con toda la muerte a cuestas"... ao faiado. ┴ horados touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xente deidade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedabaa gusto e conseguía botar fóra ese aquel que…
Gustavo Pernas Cora, nado en Viveiro o 26 de novembro de 1959 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2018, foi un dramaturgo, actor e director teatral galego.
Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, onde realizou diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en Madrid.
Desde 1985 dedicouse profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Actor e director de dobraxe. Desde 1997 impartiu aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, foi Profesor de Dramaturxia e Arte Actual da Universidade da Coruña en Pedagoxía Teatral. En 1989 fundou con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Uruguai ou Portugal.
e descubre todas as novidades do libro en galego