1. INICIO
  2. Autores
  3. PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA
Avatar de PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA

PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA

A Pastoriza , 1950
4 títulos
0 seguidores

Primitivo Iglesias Sierra, nado en Santo André de Loboso (A Pastoriza) o 18 de xullo de 1950, é un escritor, tradutor, mestre e político galeguista ligado ao PSdeG.

É licenciado en Filosofía e Letras, pola rama de filoloxía moderna, na Universidade de Santiago de Compostela. Foi, até a súa xubilación en 2010, catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Pasara antes por Sarria, entre 1977 e 1979, e mais por Ourense, entre 1979 e 1989.

Participou no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica en Santiago de Compostela en 1989, así como tamén no Congreso Internacional de Lingüística organizado en Lugo no ano 2000.

Dende 2007 é alcalde da Pastoriza polo PSdeG, co apoio do BNG. Reelixido alcalde en 2011, 2015 e 2019.

Dende 2009 pertence a asociación cívica a prol da lingua galega ProLingua.

Libros de PRIMITIVO IGLESIAS SIERRA

Pequeno Dicionario Xerais da Lingua
Pequeno Dicionario Xerais da Lingua
Dicionario Xerais da Lingua (2004)
Dicionario Xerais da Lingua (2004)
Dicionario Xerais Castelán - Galego
Dicionario Xerais Castelán - Galego
Gran Dicionario Xerais da Lingua. Obra completa
Gran Dicionario Xerais da Lingua. Obra completa

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego