O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á
Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces). Foi secretario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2004).
e descubre todas as novidades do libro en galego