Territorio de choque entre o mito e a chatarra, millo e motos, uces irtas, ceos de uralita, xa non máis Arcadias nin Utopías. Só o Far-west. Unha fronteira mestiza que nos cruza as entrañas.
Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces). Foi secretario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2004).
e descubre todas as novidades do libro en galego