Versos e fotografía compoñen a nova obra de Carlos Negro, ilustrada por Benxamín Otero. Os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de pais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.
Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces). Foi secretario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2004).
e descubre todas as novidades do libro en galego