1. INICIO
  2. Autores
  3. ENRIQUE MAURICIO IGLESIAS
Avatar de ENRIQUE MAURICIO IGLESIAS

ENRIQUE MAURICIO IGLESIAS

Pontevedra , 1977
15 títulos
0 seguidores

Enrique Mauricio Iglesias, tamén coñecido por Mau, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1977, é un escritor galego.

Foi xogador de balonmán. Estudou no IES Sánchez Cantón a secundaria e logo fixo Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. Participou na campaña de Onde vén o leite para Feiraco, na banda deseñada Dominicanas Somos e nunha curta de animación para o Museo Massó.

É autor, conxuntamente con Carlos Álvarez Taboada, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.

Libros de ENRIQUE MAURICIO IGLESIAS

Mariquiña, a carteira andoriña
Mariquiña, a carteira andoriña
Xelo, o carteiro xurelo
Xelo, o carteiro xurelo
O abecedario na maleta
O abecedario na maleta
Liberdade, solidariedade e amor pola lingua
Liberdade, solidariedade e amor pola lingua
Cantareiras
Cantareiras
Pequena biografía de Don Ricardo Carvalho Calero.
Pequena biografía de Don Ricardo Carvalho Calero.
O poeta da terra
O poeta da terra
De Valdeorras a México.
De Valdeorras a México.
UN RONSEL DE ARDORA
UN RONSEL DE ARDORA
MEIGA NOVA
MEIGA NOVA
SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE
SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE
PERIPLO ATLÁNTICO
PERIPLO ATLÁNTICO
A DETECTIVE PEREGRINA E O MISTERIO DO TORQUE
A DETECTIVE PEREGRINA E O MISTERIO DO TORQUE
A DETECTIVE PEREGRINA E O INSÓLITO CASO ANTÓN FRAGUAS
A DETECTIVE PEREGRINA E O INSÓLITO CASO ANTÓN FRAGUAS
DE CANDO ANTONIO FRAGUAS FOI ALUMNO DE CASTELAO
DE CANDO ANTONIO FRAGUAS FOI ALUMNO DE CASTELAO

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego