A nova colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega. Mariquiña, a carteira
Enrique Mauricio Iglesias, tamén coñecido por Mau, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1977, é un escritor galego.
Foi xogador de balonmán. Estudou no IES Sánchez Cantón a secundaria e logo fixo Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. Participou na campaña de Onde vén o leite para Feiraco, na banda deseñada Dominicanas Somos e nunha curta de animación para o Museo Massó.
É autor, conxuntamente con Carlos Álvarez Taboada, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.
e descubre todas as novidades do libro en galego