1. INICIO
  2. Autores
  3. FERNANDO ARRIBAS ARIAS
Avatar de FERNANDO ARRIBAS ARIAS

FERNANDO ARRIBAS ARIAS

Lugo , 1958
5 títulos
0 seguidores

Fernando Arribas Arias, nado en Lugo en 1958, é un escritor e divulgador do patrimonio arqueolóxico galego.

É diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialidade de Ciencias Humanas) e licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como técnico de difusión do Museo Provincial de Lugo. Foi membro da comisión territorial do Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta de Galicia en Lugo (1987-1992) e da comisión técnica de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1994). 

É socio-fundador de diversas asociacións relacionadas co patrimonio cultural e, actualmente, é o secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Conferenciante e investigador, preferentemente sobre cine e etnografía, desde 1993 (xunto con Xosé Manuel Blanco Prado) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación dos cruceiros da Terra Chá.

Libros de FERNANDO ARRIBAS ARIAS

Cruceiros, cristos e crucves de Xermade
Cruceiros, cristos e crucves de Xermade
Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade
Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade
Cruceiros de Guitiriz
Cruceiros de Guitiriz
Cruceiros do Castro de Rei e Outeiro de Rei
Cruceiros do Castro de Rei e Outeiro de Rei
Cruceiros, cristos, cruces e esmoleiros de Abadín
Cruceiros, cristos, cruces e esmoleiros de Abadín

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego