1. INICIO
  2. Autores
  3. MONCHO IGLESIAS MIGUEZ
Avatar de MONCHO IGLESIAS MIGUEZ

MONCHO IGLESIAS MIGUEZ

Vigo , 1974
4 títulos
0 seguidores

Moncho Iglesias Míguez, nado en Vigo, o 6 de abril de 1974, é un escritor e tradutor galego.

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, está a realizar o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Viviu en Palestina, onde deu clases de castelán nas universidades de Belén e An-Najah de Nablus, e máis tarde en Chongqing, onde tamén exerceu como docente universitario.

Colaborou cos xornais Vieiros e Xornal de Galicia, e as revistas A Nosa Terra e Animal, foi correspondente da Radio Galega. Actualmente colabora con Tempos Novos, Dorna e Praza Pública.

Foi o tradutor dos poemas incluídos no especial Nacerán as oliveiras. A paz na Terra non é para nós?, publicado en Nós Diario o 5 de outubro de 2024.

Libros de MONCHO IGLESIAS MIGUEZ

Cheira
Cheira
Pedras de plastilina
Pedras de plastilina
O condutor de autobús que quería ser Deus
O condutor de autobús que quería ser Deus
DON PEPE
DON PEPE

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego