Pepiño emigra de Galiza, de cativo, e deixatras de si unha aldea onde amais de amizades, familiares, campos e natureza en xeral queda a lingua. Todas elas permanecen presentes nas súas lembranzas e no seu día a día, e constitúen parte do seu quefacer cot
Moncho Iglesias Míguez, nado en Vigo, o 6 de abril de 1974, é un escritor e tradutor galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, está a realizar o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Viviu en Palestina, onde deu clases de castelán nas universidades de Belén e An-Najah de Nablus, e máis tarde en Chongqing, onde tamén exerceu como docente universitario.
Colaborou cos xornais Vieiros e Xornal de Galicia, e as revistas A Nosa Terra e Animal, foi correspondente da Radio Galega. Actualmente colabora con Tempos Novos, Dorna e Praza Pública.
Foi o tradutor dos poemas incluídos no especial Nacerán as oliveiras. A paz na Terra non é para nós?, publicado en Nós Diario o 5 de outubro de 2024.
e descubre todas as novidades do libro en galego