1. INICIO
  2. Autores
  3. PACO MARTÍN
Avatar de PACO MARTÍN

PACO MARTÍN

Lugo , 1940
18 títulos
0 seguidores

Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.

Dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975), publicou a súa primeira obra en 1971, a partir dunha escolma de pequenas pezas narrativas que levou por título Muxicas no espello. Data de 1976 a súa primeira novela No cadeixo, finalista do Premio Galaxia de novela convocado en 1975 co gallo do 25 aniversario da editorial. Un lustro máis tarde, en 1981, publicou a novela E agora cun ceo de lama. Foi en 1985, coa publicación do libro Das cousas de Ramón Lamote que gañou sona. A obra foi traducida a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Hispanoamérica) e converteuse nun referente da literatura infantil e xuvenil, achegando á historia da literatura galega o personaxe Ramón Lamote. Amais, por ela recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986. 

O seguinte título do autor foi Lembranza nova de vellos mesteres (1988), ao que seguiron Servando I rei do mundo enteiro (1990) e Tres historias para ler á noite (1992). No 2006 saíu ao mercado o seu libro "A bisneta lercha", que, baseándose no conto tradicional, procurou dar un novo pulo a escritura de fábulas. En 2008 publicou unha secuela de Das cousas de Ramón Lamote, titulada Das novas cousas de Ramón Lamote.

Libros de PACO MARTÍN

O home que mercou un libro
O home que mercou un libro
Historias para ler a noite (nl)
Historias para ler a noite (nl)
A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe
A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe
Mr. Smith e a festa murada
Mr. Smith e a festa murada
Lembranza nova de vellos mesteres
Lembranza nova de vellos mesteres
Das novas cousas de ramon lamote
Das novas cousas de ramon lamote
Das cousas de ramon lamote
Das cousas de ramon lamote
A ponte que non tiña río
A ponte que non tiña río
Sabeli–a e os ratos (os duros)
Sabeli–a e os ratos (os duros)
No cadeixo
No cadeixo
Medio burato
Medio burato
Andanzas e amizades dun robot pequeno
Andanzas e amizades dun robot pequeno
Un robot pequeno
Un robot pequeno
A rula, o peluche e a nena
A rula, o peluche e a nena
Dende a muralla
Dende a muralla
DE PARAUGAS
DE PARAUGAS
Servando I, rei do mundo enteiro
Servando I, rei do mundo enteiro
Auga para encher un cesto
Auga para encher un cesto

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego