1. INICIO
  2. Libros
  3. UN ROBOT PEQUENO
UN ROBOT PEQUENO

UN ROBOT PEQUENO

Paco Martín
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este libro está formado por dúas historias que desenvolven dúas aventuras dun mesmo personaxe. Trátase dun robot programado para comunicarse só con persoas menores de once anos, fóra de Fermín e Sabela, os seus creadores. A primeira das historias, " Unha nena e mais un robot " , conta a

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2270-1
EAN
9788497822701
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Paco Martín

Ver autor

Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.

Dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975), publicou a súa primeira obra en 1971, a partir dunha escolma de pequenas pezas narrativas que levou por título Muxicas no espello. Data de 1976 a súa primeira novela No cadeixo, finalista do Premio Galaxia de novela convocado en 1975 co gallo do 25 aniversario da editorial. Un lustro máis tarde, en 1981, publicou a novela E agora cun ceo de lama. Foi en 1985, coa publicación do libro Das cousas de Ramón Lamote que gañou sona. A obra foi traducida a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Hispanoamérica) e converteuse nun referente da literatura infantil e xuvenil, achegando á historia da literatura galega o personaxe Ramón Lamote. Amais, por ela recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986. 

O seguinte título do autor foi Lembranza nova de vellos mesteres (1988), ao que seguiron Servando I rei do mundo enteiro (1990) e Tres historias para ler á noite (1992). No 2006 saíu ao mercado o seu libro "A bisneta lercha", que, baseándose no conto tradicional, procurou dar un novo pulo a escritura de fábulas. En 2008 publicou unha secuela de Das cousas de Ramón Lamote, titulada Das novas cousas de Ramón Lamote.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Paco Martín

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego