1. INICIO
  2. > Autores
  3. > MARUXA BARRIO
Avatar de MARUXA BARRIO

MARUXA BARRIO

Agolada , 1949
4 títulos
0 seguidores

Maruxa Barrio Val, nada en Berredo (Agolada) o 12 de setembro de 1949, e finada en Cangas o 1 de xaneiro de 2023, foi unha mestra e escritora galega.

Trasladouse coa familia primeiro a Ferrol e despois a Coruña. integróuse no Teatro Circo dirigido por Manuel Lourenzo. Aprobou as oposicións a Maxisterio en 1978 e foi mestra nos colexios públicos de Nazaret (Cangas), O Hío, San Roque (Darbo) e no IES Monte Carrasco, centro do que foi directora. En 1982 participou na fundación da Asociación Cívico-Cultural Xiria e despois na Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas.

Preocupada pola docencia infantil en galego, publicou en colaboración con Henrique Harguindey Textos pra o ensino de galego (1976), Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) e Contos populares (1983), reeditado en 1994 como Antoloxía do conto popular galego. En 1979 publicou Xeografía descriptiva de Galicia.

Libros de MARUXA BARRIO

Antoloxia do conto popular galego
Antoloxia do conto popular galego
Contos de raposos
Contos de raposos
Antoloxía do conto galego de tradición oral
Antoloxía do conto galego de tradición oral
Lerias i enredos para os máis pequenos
Lerias i enredos para os máis pequenos

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego