Maruxa Barrio Val, nada en Berredo (Agolada) o 12 de setembro de 1949, e finada en Cangas o 1 de xaneiro de 2023, foi unha mestra e escritora galega.
Trasladouse coa familia primeiro a Ferrol e despois a Coruña. integróuse no Teatro Circo dirigido por Manuel Lourenzo. Aprobou as oposicións a Maxisterio en 1978 e foi mestra nos colexios públicos de Nazaret (Cangas), O Hío, San Roque (Darbo) e no IES Monte Carrasco, centro do que foi directora. En 1982 participou na fundación da Asociación Cívico-Cultural Xiria e despois na Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas.
Preocupada pola docencia infantil en galego, publicou en colaboración con Henrique Harguindey Textos pra o ensino de galego (1976), Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) e Contos populares (1983), reeditado en 1994 como Antoloxía do conto popular galego. En 1979 publicou Xeografía descriptiva de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego