1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Avatar de XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Tui , 1915
12 títulos
0 seguidores

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. 

Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). 

No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicou en 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.

Libros de XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Pega rabilonga, a / os ruins
Pega rabilonga, a / os ruins
Canle segredo. 1951-1953
Canle segredo. 1951-1953
Enchen as augas
Enchen as augas
Alexandro Bóveda
Alexandro Bóveda
Cantares e romances vellos prosificados
Cantares e romances vellos prosificados
Roseira do teu mencer
Roseira do teu mencer
Martín Codax, cantor do mar de Vigo
Martín Codax, cantor do mar de Vigo
Escolma de familia
Escolma de familia
Poesía galega completa
Poesía galega completa
A cidade e os días
A cidade e os días
O que ben che quer
O que ben che quer
Na vila hai caras novas
Na vila hai caras novas

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego