Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Esta edición dÆ A cidade e os días, publicada por Xerais en colaboración co concello de Vigo, rescata para a lingua galega o calendario histórico de Vigo, desenvolto por Xosé María Alvarez Blázquez ao longo de 1959 nas páxinas de Faro de Vigo e publicado, logo, en formato de libro por Ediciones
Esta edición dÆ A cidade e os días, publicada por Xerais en colaboración co concello de Vigo, rescata para a lingua galega o calendario histórico de Vigo, desenvolto por Xosé María Alvarez Blázquez ao longo de 1959 nas páxinas de Faro de Vigo e publicado, logo, en formato de libro por Ediciones Monterrei en 1960. Unha obra monumental, na que Xosé María ofrece un impresionante fresco histórico de Vigo, desde o burgo de pescadores da Idade Media que foi, pasando polo carácter de porto corsario que abrigou no século XVIII, ao empuxe da abella ribeira que a convertiu na cidade portuaria e industrial de hoxe. Tras a súa primeira publicación, hai case cincuenta anos, A cidade e os días -a pesar de que moitos dos datos e informacións, afortunadamente, foron superados pola actual historiografía viguesa- non perdeu un ápice do seu interese xa que constitúe moito máis ca un libro de historia. A cidade e os días é unha apaixonada biografía literaria da cidade de Vigo e da súa contorna, escrita cunha prosa maxistral e un alento narrativo moi notable. Eis nese carácter profundamente literario onde reside a importancia e a beleza deste grande relato colectivo, que dificilmente vai quedar obsoleto.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicou en 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.