1. INICIO
  2. Autores
  3. SUSO LISTA
Avatar de SUSO LISTA

SUSO LISTA

Ponteceso , 1962
4 títulos
0 seguidores

Jesús Lista Neira, máis coñecido como Suso Lista, nado en Corme (Ponteceso) o 2 de abril de 1962, é un actor e escritor galego.

Pasou a súa infancia entre Corme e Cheste, Valencia. Aos 16 anos embarcou como mariño mercante e percorreu Europa e o norte de África. Aos 25 anos instalouse como percebeiro na súa localidade natal, traballando como percebeiro, actividade que combina coa participación como actor secundario en mais de 40 capítulos da serie Mareas vivas, tamén en películas para televisión como A rosa de Alexandría, Chapapote... o no ou A mariñeira de Quilmas, e foi protagonista de máis de 50 curtametraxes rodadas en Galicia e León. Foi guionista de curtas como A crise da pesca ou Matreros de medianoite, sendo tamén actor e guionista do documental Ida e volta, preseleccionado para os Premios Mestre Mateo 2007.

Ten un programa semanal na Radio Libre da Costa da Morte Radio Roncudo, chamado O Embigho do Fin do Mundo.

Libros de SUSO LISTA

Salseiros
Salseiros
CHARAMUSCAS
CHARAMUSCAS
COMO A RODA NO MUIÑO
COMO A RODA NO MUIÑO
Xeixos
Xeixos

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego