1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ IGLESIAS
Avatar de XOSÉ IGLESIAS

XOSÉ IGLESIAS

Cee , 1974
7 títulos
0 seguidores

Xosé Iglesias Lamela, nado en Cee en 1974, é un poeta galego.

Patrón de pesca de altura pola Universidade Laboral da Coruña e capitán de pesca pola Universidade Laboral de Vigo. Traballou como patrón de costa durante varios anos e como patrón de pesca no caladoiro de Rockall, ao noroeste de Escocia. É patrón e armador do buque Primero Villar na Coruña. No 2011 fíxose famoso en YouTube por gravarse mentres botaba ao mar caixas de peixe protestando pola marxinación a Galicia nas cotas de peixe da Unión Europea.

Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar.

En 2018 presentou NaciónMar; acuarelas mariñas de pesqueiros da Costa da Morte que se transforman en baleas, para reivindicar o pasado, presente e futuro como unha nación atlántico-mariñeira; proxecto que se converteu en álbum ilustrado.

Libros de XOSÉ IGLESIAS

Transfusión oceanica
Transfusión oceanica
NACIÓN MAR
NACIÓN MAR
A danza da mensuada
A danza da mensuada
Espirito xurelo
Espirito xurelo
Luces da Costa da Morte
Luces da Costa da Morte
A Relixión do mar
A Relixión do mar
Atlántico Norte, chamádeme Ismael
Atlántico Norte, chamádeme Ismael

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego