Xosé Iglesias Lamela, nado en Cee en 1974, é un poeta galego.
Patrón de pesca de altura pola Universidade Laboral da Coruña e capitán de pesca pola Universidade Laboral de Vigo. Traballou como patrón de costa durante varios anos e como patrón de pesca no caladoiro de Rockall, ao noroeste de Escocia. É patrón e armador do buque Primero Villar na Coruña. No 2011 fíxose famoso en YouTube por gravarse mentres botaba ao mar caixas de peixe protestando pola marxinación a Galicia nas cotas de peixe da Unión Europea.
Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar.
En 2018 presentou NaciónMar; acuarelas mariñas de pesqueiros da Costa da Morte que se transforman en baleas, para reivindicar o pasado, presente e futuro como unha nación atlántico-mariñeira; proxecto que se converteu en álbum ilustrado.
e descubre todas as novidades do libro en galego