1. INICIO
  2. Autores
  3. ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA
Avatar de ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA

ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA

Lugo , 1942
9 títulos
0 seguidores

Arcadio López-Casanova, nado en Lugo o 5 de marzo de 1942 e finado en Valencia o 11 de abril de 2022, foi un escritor e crítico literario galego. Máis coñecido como poeta, foi tamén profesor de Literatura, crítico literario e cultivou ademais o teatro e a literatura infantil. 

Os seus primeiros libros de poesía reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia e a inocencia perdida. Estas arelas están mesturadas cun dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra maior preocupación formal. Emprega versos de longa andaina entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditacións íntimas sobre a morte.

Libros de ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA

Diccionario metodoloxico de analise literaria. A poesia (I)
Diccionario metodoloxico de analise literaria. A poesia (I)
O soño da bolboreta
O soño da bolboreta
Mesteres
Mesteres
A CANCIÓN DA NOITE QUE LEVAS NO CORAZÓN
A CANCIÓN DA NOITE QUE LEVAS NO CORAZÓN
Antoloxía esencial
Antoloxía esencial
NO TEXTO DO POEMA
NO TEXTO DO POEMA
A palabra compartida
A palabra compartida
Caeira dos días
Caeira dos días
Noite do degaro
Noite do degaro

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego