Un afondamento na poética que deu orixe a Mesteres e a Liturxia do corpo, poemarios tan diferentes na súa tonalidade como vencellados pola continuidade da súa cosmovisión.
Arcadio López-Casanova, nado en Lugo o 5 de marzo de 1942 e finado en Valencia o 11 de abril de 2022, foi un escritor e crítico literario galego. Máis coñecido como poeta, foi tamén profesor de Literatura, crítico literario e cultivou ademais o teatro e a literatura infantil.
Os seus primeiros libros de poesía reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia e a inocencia perdida. Estas arelas están mesturadas cun dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra maior preocupación formal. Emprega versos de longa andaina entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditacións íntimas sobre a morte.
e descubre todas as novidades do libro en galego