1. INICIO
  2. Autores
  3. RAQUEL CASTRO MARTÍNEZ
Avatar de RAQUEL CASTRO MARTÍNEZ

RAQUEL CASTRO MARTÍNEZ

Salvaterra de Miño , 1971
11 títulos
0 seguidores

Raquel Castro Martínez, nada en Alxén (Salvaterra de Miño) en 1971, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria. En 1999 fundou a Asociación Teatral de Alxén da que é presidenta e comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. Foi secretaria da Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén e da Escola de Xadrez de Salvaterra de Miño.

No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño. Neste mesmo centro dirixe un grupo de teatro de alumnos e alumnas da ESO.

Libros de RAQUEL CASTRO MARTÍNEZ

Bestiario domestico
Bestiario domestico
Terapias da doutora ledicia, as
Terapias da doutora ledicia, as
A PRINCESA E O LABREGO
A PRINCESA E O LABREGO
A CARAPUCHIÑA PASA DA CARAPUCHE VERMELLA
A CARAPUCHIÑA PASA DA CARAPUCHE VERMELLA
A vendedora de palabras
A vendedora de palabras
A meiga e o emperador
A meiga e o emperador
Dormente
Dormente
Planeta bugallo
Planeta bugallo
Sobremesas sobre versos
Sobremesas sobre versos
Formiga fora do carreiro, a
Formiga fora do carreiro, a
Bonecas
Bonecas

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego