Raquel Castro Martínez, nada en Alxén (Salvaterra de Miño) en 1971, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria. En 1999 fundou a Asociación Teatral de Alxén da que é presidenta e comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. Foi secretaria da Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén e da Escola de Xadrez de Salvaterra de Miño.
No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño. Neste mesmo centro dirixe un grupo de teatro de alumnos e alumnas da ESO.
e descubre todas as novidades do libro en galego