A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da
Lois Pérez Díaz, nado en Lugo o 2 de xuño de 1979, é un escritor e narrador oral galego.
Deuse a coñecer como escritor ao obter en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, organizado polo programa Diario Cultural, coa obra Saltimbanqui. A obra foi posteriormente dirixida e adaptada para a escena por Quico Cadaval, e foi interpretada por Cadaval, Xan Cejudo e Xosé Manuel Olveira "Pico".
Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional, escribiu de rock and roll para a revista Ruta 66, foi locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colaborou coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas.
Foi xogador profesional de fútbol sala e ten o título de soldador de oxiacetilénica.
e descubre todas as novidades do libro en galego