1. INICIO
  2. Libros
  3. UNHA ROSA É UNHA ROSA
UNHA ROSA É UNHA ROSA

UNHA ROSA É UNHA ROSA

Suso De Toro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0286-5
EAN
9788411102865
Formato
RUSTICA
Avatar

Suso De Toro

Ver autor

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

“Tic-Tac é a novela máis revolucionaria, máis ambiciosa, máis intelixente de cantas en Galicia se levan feito nas últimas décadas, e poida que a máis impresionante escrita nunca na nosa lingua”—Basilio Losada

Fillo de Antonio de Toro orixinario de Formariz (provincia de Zamora) e de Mercedes Santos, orixinaria de Falapaso (Camboño, Lousame). Os seus pais tiveron varios negocios principalmente de hostalería, dos cales cabe destacar o Mañoso na rúa de Sar e o Café Venecia (aberto a día de hoxe) e nos que Suso traballou dende novo.

É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, ata ser apartado polas súas opinións no eido político. Hoxe conta cunha conta da denostada rede social X con máis de 95.000 seguidores. Publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Suso De Toro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego